Embarcamos no Winnipeg.

Lemos  e traballamos a novela   Winnipeg ,   de Hixinio Puentes. (1ª avaliación)

Winnipeg (2)

Contidos teóricos para 4º PDC no ALS:

Avaliación por competencias.

Este trimestre lemos a novela Winnipeg. Imos facer unha lectura comprensiva  e aproveitaremos o texto para traballar algúns aspectos da programación para os que este libro nos vén como anel ao dedo. Pero …por que escollemos esta e non outra? Pois hai varias razóns: o autor é veciño de O Barqueiro (Mañón), podemos contactar con el; ademais a historia que se conta parte dunha bisbarra próxima á nosa, O Ortegal. E, unha terceira razón, a temática da novela. Vexamos o que di a presentación editorial do libro:

Co advento das ditaduras morre a liberdade e a poesía. Así aconteceu tamén con aquel poeta chileno que fretara o Winnipeg, un dos buques da diáspora dos republicanos españois, perdedores nunha guerra fratricida. Nel van tres irmáns que deixan na vila de Cariño a súa familia masacrada pola represión. O seu delito fora artellar nos anos da república obreira o Sindicato da Industria Pesqueira e Derivados baixo o amparo da CNT. Na análise que fai Manuel Pita Armada da súa vida, os acontecementos vividos en España repítense novamente en Chile, onde Pablo Neruda e Salvador Allende son vitimados. O mundo da pesca no Ortegal, as sucesivas fugas polo mar, a Guerra Civil, os campos de concentración franceses e o medo están aquí perfilados pola man áxil e experta do escritor Hixinio Puentes.

Con este libro, xunto co traballo que fagamos en  blog de poesía  intentaremos conectarnos co Proyecto colaborativo El barco del exilio. Pero iso deixámolo ata que comecemos o curso.

El barco del exilio.

Presentación da lectura comprensiva.

Tagxedo1

O NOSO PROXECTO

 

Deja un comentario