A pesca en Celeiro.

Algúns barcos de Celeiro andan ao pincho, outros son boniteiros; outros van á cabala cando lles está permitido…. Iniciamos aquí unha vía de investigación sobre a pesca en Celeiro, no noso entorno, cun vídeo ilustrativo de como é a pesca do arrastre. Hai moitos tipos de embarcacións, de artes de pesca, de peixes,.. e iso é o que nos propoñemos estudar ao longo do curso.