CIVILIZACIÓNS ANTIGAS: ROMA.

O termo mosaico procede do adxectivo latino medieval musaicus a partir das formas anteriores, museus ou musaeus e musivus; utilízase para designar a ornamentación dunha superficie arquitectónica (chan, parede ou teito) a base de pequenas pezas, denominadas teselas, xa sexan de mármore, terracota ou pasta vítrea, colocadas fixamente sobre un fondo de cemento, formando unha superficie lisa e decorada con representacións geométricas, vegetais ou figuradas.

Os  mosaicos romanos caracterízanse por debuxos xeométricos, arabescos, vexetación e representacións da vida social. Os primeiros mosaicos brancos e negros apareceron durante o reinado de Adriano e foron utilizados nos lugares públicos e nas casas luxosas.

416

Tripoli, Libya - Roman Mosaic from Sabratha, Jamahiriyya Museum, Boat

CIVILIZACIÓNS ANTIGAS:EXIPTO.

Labores da recolleita do cereal

Cobrando impostos

Escriba sentado

Logo de máis de 3.300 anos descansando pracidamente baixo as areas do Val de Amarna, a lendaria beleza de Nefertiti resucitou nada máis saír da escuridade do taller do escultor do Antigo Exipto onde a atopou Ludwig Borchardt. Ao famoso arqueólogo alemán faltáronlle as palabras, e así o reflectiu no seu diario:

“De súpeto tiñamos nas nosas mans a peza de arte exipcia máis chea de vida. Non se pode describir, hai que vela.”

Era o 6 de decembro de 1912. Un ano despois Nefertiti era recibida con todos os honores no Berlín do káiser Guillermo II, aínda que non foi exposta ao público ata 1924. Desde entón, a enigmática esposa do faraón Akenaton vive agasallada no Neues Museum, mentres o seu convulso Exipto natal segue reclamándoa, con poucas posibilidades de éxito, pero coa resistente paixón dun amor imposible, un século despois.

Nefertiti