O sombreiro de don Vicente.

Infografía

Infografía

Contexto

En 3º Diversificación traballamos na primeira avaliación, como indica a Programación, o tema da descrición. A miña proposta aos alumnos foi que traballaramos o tema para participarmos en Proyecto  Palabras Azules (Escritura creativa) e que o utilizaramos para dar a coñecer no noso centro a un autor da literatura galega, Vicente Risco, de quen,  o  1 de outubro, se cumprían os 130 anos do seu nacemento. A proposta era facer un panel expositivo e unha exposición na Biblioteca dos libros do autor con que contamos, así como cos libros dos compañeiros de xeración. Isto permitirianos traballar o tema dos xéneros literarios.

Proceso

Primeiro vimos as características e tipos de descrición. Decidimos que sería pouca teoría e máis práctica.


A primeira tarefa sería, pois, describir un obxecto: o sombreiro de don Vicente ou as súas gafas.

Sombreiro de Risco

Sombreiro de Risco

640px-Glasses_of_Vicente_Risco_in_his_museum_in_Allariz,_Ourense,_Galicia_(triptych)

A primeira actividade foi formar grupos (parellas) para facer o primeiro borrador da descrición. Como os obxectos presentaban poucas espectativas,fixemos unha “choiva de ideas” inicial, moi productiva:

Choiva de ideas

Choiva de ideas

Rúbrica

A segunda tarefa era facer o panel para dar a coñecer a Risco coas nosas descricións. Pero había algo que non ía ben…Despois dunha  autoavalación sobre o traballo en grupo e a forma de documentarse e filtrar información  que resultou máis ben malaeu tamén fixen autoavaliación sobre unha cuestión que me remoía: en que están sendo competentes? 

Esta cuestión das “Competencias” paréceme clave e gustariame traer aquí un artigo de Carmelo Basoredo no Magazine INED21  (Ler artigo). Os alumnos estaban facendo  os seus textos,as súas descricións, caricaturas… pero no mundo real… como o aplicarían? E grazas a este gran claustro virtual que é  Proyecto Colaborativo Palabras Azules xorde a idea de preparar algo para celebrar o Día Europeo de las Lenguas (26 de setembro).

E lanzámonos á terceira tarefa: un  XOGO DE ROL.

Un xogo de rol é unha dramatización inprovisada na que as persoas participantes asumen o papel dunha situación previamente estabelecidaa como preparación a unha situación similar: seriamos dependentes nunha “boutique” na que venderiamos un sombreiro panamá a dous clientes, un deles falando unha lingua diferente.

O xogo de rol, ademais de introducir a ludificación, ten os seguintes obxectivos:

  • Adquirir confianza e competencia individual e grupal.
  • Probar e analizar situacións, teóricas e tácticas.
  • Sacar fóra temores, ansiedades e outros sentimentos que as persoas soen ter perante unha acción.
  • Conseguir máis información.

Só por citar algúns. Foi xenial! Pasámolo moi ben. Descobrimos que sabemos linguas! Galego, castelán, portugués, francés,… Todos pasamos polos distintos roles e todos aprendimos algo.

Rematamos este día facendo un Wordle coa palabra “Boutique” en distintas linguas. Foi fantástico. Os alumnos aínda non tiñan os novos Chromebook e utilizamos os ordenadores Abalar que non permiten Tagxedo. Encantoulles a aplicación para crear un post en cada un dos blogs de alumnos.

As nosas descricións quedaron aparcadas… ata o 27 de outubro, Día da Biblioteca. E retomamos o traballo:

Panel Risco

Panel Risco

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

Pero isto xa dá para outra entrada!

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s