Repasamos xeografía: África.

África político.

Hoxe repasamos xeografía de África despois de rematar de ver a película Vete y viveSituamos Sudán, Etiopía, Eritrea  e Somalia.  Vimos o percorrido que facían os refuxiados etíopes desde a súa terra para alcanzar o seu destino: Terra Santa, Xerusalén. Lembramos a actualidade de Somalia na prensa por mor da piratería marítima que mesmo lle afecta a barcos de Celeiro. E de paso, recordamos Madagascar e o canal  de Suez; un percorrido refrescante para a nosa memoria xeográfica!

Buscando un mapa que nos axude a visualizar mellor este percorrido, atopei na rede social Twitter un breve pero interesante documento sobre o fenómeno da emigración desde Níxer até Europa:

O deserto do Teneré (Sáhara)

O deserto do Teneré (Sáhara)

Níxer é un país de África do Oeste, situado ao sur de Alxeria e Libia, ao norte de Benin e Nixeria, ao leste de Burkina Faso e Malí, e ao oeste do Chad. A capital é Niamey.
Entre os recursos naturais do Níxer, pódese citar o ouro, o ferro, o carbón, o uranio e mailo petróleo.
Situación de Níxer no mundo

Situación de Níxer no mundo

 

OURIVARÍA CASTREXA.

A ourivaría ou ourivería é  a arte de traballar os metais preciosos para facer xoias, obxectos de adorno ou de culto, útiles para as casas nobres etc. A ourivaría celta foi un dos campos artísticos máis destacados. Acháronse un gran número de pezas de enxovais como fíbulas, torques, pendentes, colares, brazaletes, cintos etc. de metais que van desde o ferro, o bronce e metais preciosos.

As fíbulas eran pezas de metal que servían para unir e soster partes da roupaxe, (cumprindo a función dos modernos imperdibles). Os torques eran adornos ríxidos para o pescozo, a modo de colares, usados como símbolo distintivo polas altas xerarquías das tribos. 

Velaquí tedes unha mostra de obxectos atopados en distintos castros:

arracadas

arracadas

torque

torque

Brazaletes da Urdiñeira (A Gudiña, Ourense). Museo de Lugo.

Brazaletes da Urdiñeira (A Gudiña, Ourense). Museo de Lugo.

Brazalete ou torque de Riotorto

Brazalete ou torque de Riotorto

Arracada de Burela, séculos I-III d.C.

Arracada de Burela, séculos I-III d.C.

fíbulas de ouro

fíbulas de ouro

Torque de Recadieira, Mondoñedo

Torque de Recadieira, Mondoñedo

arracada en prata

arracada en prata

Anel castro Viladonga, ouro con prasio verde, séculos II-IV d. C

Anel castro Viladonga, ouro con prasio verde, séculos II-IV d. C

ANEIS DO CASTRO DE VILADONGA

Casco ou cunca de Leiro, Rianxo. Bronce final Museo Arqueolóxico do Castelo de San Antón

Casco ou cunca de Leiro, Rianxo. Bronce final Museo Arqueolóxico do Castelo de San Antón

O diadema do tesouro de Bedoia. Detalle. Museo de Pontevedra.

O diadema do tesouro de Bedoia. Detalle. Museo de Pontevedra.

Manuel Álvarez Torneiro, Premio Nacional de Poesía 2013, memoria viva.

Manuel Álvarez Torneiro

Manuel Álvarez Torneiro

En 4º PDC estamos facendo lectura comprensiva coa novela de Hixinio Puentes Winnipeg, que trancorre durante os anos da Segunda República, da guerra civil, da posterior posguerra. Entrementres saía a nova do Premio Nacional de Poesía, un galardón que concede o Ministerio de Cultura de España e que arrinca do ano 1924 premiando a  Rafael Alberti, por Marinero en tierra .

E que mellor que achegármonos a este tempo, case tan  afastado e descoñecido para os nosos alumnos coma a Prehistoria, da man de Álvarez Torneiro. Buscando na BVG atopamos un poema de Epicentro, finalista do Premio Nacional de Literatura 2003 que vén a ser un compendio da poética do autor. Nunha entrevista que lle fixo Rodri García o 9 de outubro, para o xornal La Voz de Galicia onde Torneiro traballou moitos anos, ao preguntarlle de que escribe responde:

da memoria, xa non temos outra cousa. Os ángulos da brasa é un libro de memoria, que é un tema moi presente na miña poesía, xunto co amor ou a paixón. A memoria é o mellor argumento dos mellores poemas, aí está a ledicia, a tristura, o amor, a amizade… Os recordos son como as musas que veñen a botarme unha man á hora de escribir.

 Pois lendo e relendo, imos comprendendo.Falamos do pasado, lembramos ese outro poema de Luís Pimentel, “Cunetas”, e facemos un pouco nosa esa etapa da historia que non podemos esquecer.

ORA PRO NOBIS

Todos los ríos eran una sangre

Jorge Guillén

Dura memoria do camiño andado.

A palmatoria cando marchaba a luz.

Todas as nais na súplica.

Todas as nais varadas no horror.

Toda a noite cavorco,

encofrado do medo, olmo de eclipse,

seco taller de asfixia.

“Todos los ríos eran una sangre”.

Quen peta á porta, mata.

Quen fala, ceiba a onda do perdido.

Delata quen respira,

asina os papeis da esgazadura,

pon números anónimos nos mártires,

pecha os ollos que seguen a mirar.

Quen alenta na felpa fusilada

aínda escoita moi lonxe:

“Ora pro nobis, virgo clementísima.

Ora pro nobis”.

E aquí vai a lectura final de Nazaré do Horto Nunes e Lara Yáñez:

Non somos o poeta, pero facemos o noso esforzo!

Aprendemos co cine: O clan do oso cavernario.

El clan del oso cavernario

Para rematar o tema da Prehistoria vimos a película El clan del oso cavernario, unha película entretida que nos axudará a recordar os modos de vida, a estrutura social destas sociedades. Tedes un cuestionario que contestar no voso blog e  para  recordar a película vista déixovos un vídeo moi sintetizado.

CUESTIONARIO SOBRE EL CLAN DEL OSO CAVERNARIO

1.Qué fenómeno meteorológico ocurre que resulta crucial para la historia. Detalla lo sucedido.
2.Explique detalladamente por qué se recoge a la niña. Quién toma la decisión y cuál es su causa principal.
3.De qué especies son la niña y los protagonistas del clan. Señala algunas diferencias físicas y comportamentales entre ambos.
4.Describe los diversos tipos de alimentos de que se proveía el clan protagonista
5.Detalla el comportamiento del clan respecto de la magia, los curanderos y los rituales religiosos.
6.Elabora una lista con los animales que servían de alimento a los hombres y mujeres del clan. ¿Existe alguno que se haya extinguido? Haz lo mismo con las plantas que usaban y pon algunos ejemplos de los distintos usos que les daban. Relaciona esto mismo con la división de trabajos entre hombres y mujeres
7.Qué pensaban los miembros del clan respecto del llanto, la risa y la memoria ancestral.
8.Explica qué relación de trato existía entre los hombres y las mujeres del clan. Describe aquellos aspectos sobre sus relaciones sociales que te hayan parecido más importantes. Determina la diferencia de esa sociedad con respecto a la nuestra.
9.¿Qué tiene que ver el tema de esta película con los contenidos impartidos en la asignatura?
10.Valoración de la película.

O PERSONAXE INNOMEÁBEL.

FRANCO

LIGAZÓN AO GLOGSTER: AQUÍ.

Hai un berro silencioso que chama a atención cando les a novela Winnipeg de Hixinio Puentes. Unha novela que reconstrúe os anos da Segunda República, do comezo da Guerra Civil española, da posguerra dos exiliados … ; unha novela inzada de nomes de personaxes históricos do mundo sindical, da política, da cultura… e a pesar diso NUNCA aparece o nome do militar, político e ditador español nado en Ferrol o 4 de decembro de 1892 e finado en Madrid o 20 de novembro de 1975. É por iso que ningún alumno elexiu dito personaxe e fun eu a encargada de facer o Glogster sobre  o ditador. Os alumnos optaron por outros personaxes que se citan na novela:  Castelao, Cabanillas, Lerroux, A Pasionaria, Largo Caballero, Neruda, Allende,…

Na novela alúdese a este personaxe con circunloquios :

O goberno decretou o estado de guerra e puxo á fronte da represión ao comandante militar das Baleares, un xeneral que viña sendo irmán do aviador de Ferrol  (l.24-27,páx.62)

ou noutra cita “O xeneral  ferrolán irmán do famoso aviador” (páx. 68).

E a que se debe isto? Eu penso que é un xeito de conxuro deliberado de Hixinio Puentes, como xogo literario e  como  simbiose do autor co mundo do mar que tan ben coñece. Hai cousas que non se deben amentar! 

Ao fío da miña reflexión traio aquí unha gravación feita a unha testemuña de excepción pola idade e pola boa memoria que conserva; Eliseo B., nado o 10 de setembro do 1923, en Espasante (Ortigueira), mariñeiro durante 43 anos:

Eliseo recorda aquilo que non se debía mentar estando no barco:,“O xa me entendes”:

Aproveitando a testemuña detéñome un intre nun personaxe secundario do libro,  ” O cabo Torres, o que fora sarxento en Xubia” (páx. 65) porque pasou a ser un personaxe popular durante moitos anos de posguerra, alomenos na bisbarra do Ortegal e Ferrol desgrazadamente como símbolo do medo e da barbarie.

Estes son os resultados dos traballos dos alumnos despois de superar atrancos diversos dos que non imos falar hoxe:
La Pasionaria

La Pasionaria

Glogster Cabanillas Cristian

Allende

Allende

Lerroux

Lerroux

Glogster Pita Romero LabaénSuárez Picallo

X.Moñla Brais              Castelao

Glogster Neruda Rossy Montero                     GlogsterLargo Caballero Rosario