O NOSO FITOFALADOIRO.

Malvela

Malvela

Que é o Fitofaladoiro?

Un proxecto colaborativo de recompilación de nomes e usos populares de plantas silvestres de Galicia.

Quen o organiza?

A Universidade de Santiago de Compostela (USC), a través do seu Herbario e Banco de Xermoplasma (SANT) e do Instituto da Lingua Galega (ILG). Que procura?

Rexistrar a variedade de nomes e usos das nosas plantas. Interésannos todas (desde herbas a árbores) as que se coñezan por algún nome común en calquera parte de Galicia, e tamén os aspectos culturais relacionados con elas (usos culinarios, menciñas, xogos, crenzas, refráns…). Que precisa?

De xente con inquedanza por preservar o noso patrimonio cultural, disposta a facer labouras de sondaxe no seu entorno xeográfico habitual.

Comezamos?

Pois comezamos coa malvela.Hoxe só aportamos dúas imaxes porque a planta está a secar. As informantes son Carmen, de 86 anos e Concha; as dúas veciñas de Galdo, aínda que Carmen naceu en Chavín. Carmen acompañounos á igrexa de Galdo onde di que había malvela, inda que  o adro da igrexa está recén rozado. Alí atopamos esta planta,que a pesares de ser setembro non presenta ningunha flor.

malvela 2 A planta seca quedounos así: malvela seca

O ESBEDRO

esvedro4

A CELEDONIA celidonia1 Os informantes son da zona do Ortegal (Espasante, Loiba) e de Viveiro (Galdo, Viveiro,Chavín)

celedonia 2

A PALETARIA

paletaria 4 paletaria 3

 OUTRAS PLANTAS

abrulas

abrulas

Informantes: Néstor Timiraos, 54 a, O Folgueiro (O Vicedo); Rafael Rivera,50 a,  Bravos(Ourol)Edita S, 87a, Espasante, Ortigueira.

violeta

violeta

violeta (2)

A informante, Dolores Barrera, 82 a, de Espasante, Ortigueira dinos que utiliza as follas de violeta para curar os sabañóns das mans cando lle rebentan.

Ortegal

Cardos

cardo

cardo

cardo2

cardo molar

cardo molar

Informante: Edita S.,87 a, Espasante.

herba de namorar

herba de namorar

hde namorar1

CAREIXÓN/CACAREIXÓN

cacareixón

Careixón é o nome que nos dá Rafael Rivera, de Bravos e cacareixón é o nome que se lles dá en Espasante. Na zona da Terra Chá só os coñecen por amorodos.

PARA ACCEDER AO TABOLEIRO DE PINTEREST DO CENTRO PREME NA SEGUINTE LIGAZÓN :TABOLEIRO PARA  O FITOFALADOIRO.

taboleiro

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s