BENVIDA A UN NOVO CURSO.

 

 

IES María Sarmiento.Viveiro.

IES MARÍA SARMIENTO.VIVEIRO.

Benvida a un novo curso. Este é o blog de aula para os alumnos de Ámbito Lingüístico Social de 3º PDC do IES MARÍA SARMIENTO. Durante o curso anterior serviu para os alumnos de 4º que xa remataron a ESO e agora utilizarémolo en 3º para este curso 2014/2015. Será o noso portafolio de aula.

 

Repasamos xeografía: África.

África político.

Hoxe repasamos xeografía de África despois de rematar de ver a película Vete y viveSituamos Sudán, Etiopía, Eritrea  e Somalia.  Vimos o percorrido que facían os refuxiados etíopes desde a súa terra para alcanzar o seu destino: Terra Santa, Xerusalén. Lembramos a actualidade de Somalia na prensa por mor da piratería marítima que mesmo lle afecta a barcos de Celeiro. E de paso, recordamos Madagascar e o canal  de Suez; un percorrido refrescante para a nosa memoria xeográfica!

Buscando un mapa que nos axude a visualizar mellor este percorrido, atopei na rede social Twitter un breve pero interesante documento sobre o fenómeno da emigración desde Níxer até Europa:

O deserto do Teneré (Sáhara)

O deserto do Teneré (Sáhara)

Níxer é un país de África do Oeste, situado ao sur de Alxeria e Libia, ao norte de Benin e Nixeria, ao leste de Burkina Faso e Malí, e ao oeste do Chad. A capital é Niamey.
Entre os recursos naturais do Níxer, pódese citar o ouro, o ferro, o carbón, o uranio e mailo petróleo.
Situación de Níxer no mundo

Situación de Níxer no mundo