
Palabra do ano, 2015
Comezamos lendo un texto do Portal das Palabras, a palabra “refuxiado”, que foi elixida palabra do ano neste Portal. O texto de lectura permitiranos facer un percorrido por algúns feitos históricos ( Sociedade das Nacións, ONU, Tratado de Versalles,…) que aparecen no noso currículo. Para acceder ao texto pincha neste enlace.

A palabra refuxiado no Portal das Palabras

Mapa mental da lectura

Día Mundial da Radio, 2016
O Día Mundial da Radio a ONU reivindica o poder das ondas en momentos de crises. Nacións Unidas destaca que a radio é o mellor “instrumento salvadidas” en zonas de desastre xeradas por urxencias humanitarias. A radio é un instrumento que dá voz aos débiles e salva vidas en zonas de urxencia, que alenta aos supervivientes e instrúe á poboación a costa dos sacrificios de moitos xornalistas e cooperantes humanitarios especializados en comunicación que arriscan diariamente as súas vidas para estender a información aos máis desfavorecidos. A radio demostrou a súa importancia coa letal epidemia de ébola que asolou o continente africano, onde os xornalistas non só contribuíron a concienciar á poboación para impedir o contaxio, senón que colaboraron, a golpe de mensaxe limpa, a cortar de raíz a difusión de falsos rumores sobre a mortalidade do virus e o seu contaxio.
“Hai que protexer, custe o que custe o dereito dos xornalistas a protexer as súas fontes confidenciais ata nos momentos de urxencia e desastre”, insiste a Organización de Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura (UNESCO).
PROPOSTA NA AULA
ACHEGÁNDONOS AOS TEXTOS LEXISLATIVOS
E SE MONTAMOS RADIO S.O.S.?
Nesta sesión de diálogo e debate, inda que non se recolle todo nos arquivos de audio, vese que é necesario seguir traballando sobre refuxiados. Seguir dialogando. É por iso que me parece conveniente traer o testemuño dun mariñeiro da zona: Eliseo traballou no mar 45 anos; empezou con 15 anos, no 1938. Empezou de mariñeiro e botou unha boa parte do tempo de patrón de barco en boniteiros. As súas palabras son espontáneas, pero deixan claro o seu pensar.
Reflexionando sobre o salvamento de náufragos (refuxiados):
“Un crime impensable”.
“No medio do inferno”
“Non hai amor á pobreza”

Eliseo B. Coira, 93 anos, 48 dos cales traballou no mar.
PREME AQUÍ PARA VERES AS PROPOSTAS
Create your own customized Tackk page