Necesitamos seguir falando dos refuxiados? Unha proposta para o Día Mundial da Radio.

Palabra do ano, 2015

Palabra do ano, 2015

Comezamos lendo un texto do Portal das Palabras, a palabra “refuxiado”, que foi elixida palabra do ano neste Portal. O texto de lectura permitiranos facer un percorrido por algúns feitos históricos ( Sociedade das Nacións, ONU, Tratado de Versalles,…) que aparecen no noso currículo. Para acceder ao texto pincha neste enlace.

A palabra refuxiado no Portal das Palabras

A palabra refuxiado no Portal das Palabras

 

Mapa mental da lectura

Mapa mental da lectura

Día Mundial da Radio, 2016

Día Mundial da Radio, 2016

O Día Mundial da Radio a ONU reivindica o poder das ondas en momentos de crises. Nacións Unidas destaca que a radio é o mellor “instrumento salvadidas” en zonas de desastre xeradas por urxencias humanitarias. A radio é un instrumento que dá voz aos débiles e salva vidas en zonas de urxencia, que alenta aos supervivientes e instrúe á poboación a costa dos sacrificios de moitos xornalistas e cooperantes humanitarios especializados en comunicación que arriscan diariamente as súas vidas para estender a información aos máis desfavorecidos. A radio demostrou a súa importancia coa letal epidemia de ébola que asolou o continente africano, onde os xornalistas non só contribuíron a concienciar á poboación para impedir o contaxio, senón que colaboraron, a golpe de mensaxe limpa, a cortar de raíz a difusión de falsos rumores sobre a mortalidade do virus e o seu contaxio.

“Hai que protexer, custe o que custe o dereito dos xornalistas a protexer as súas fontes confidenciais ata nos momentos de urxencia e desastre”, insiste a Organización de Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura (UNESCO).

PROPOSTA NA AULA

ACHEGÁNDONOS AOS TEXTOS LEXISLATIVOS

 

TEXTS_FORMALIZADOS

debate1

 

E SE MONTAMOS RADIO S.O.S.?

Nesta sesión de diálogo e debate, inda que non se recolle todo nos arquivos de audio, vese que é necesario seguir traballando sobre refuxiados. Seguir dialogando. É por iso que me parece conveniente traer o testemuño dun mariñeiro da zona: Eliseo traballou no mar 45 anos; empezou con 15 anos, no 1938. Empezou de mariñeiro e botou unha boa parte do tempo de patrón de barco en boniteiros. As súas palabras son espontáneas, pero deixan claro o seu pensar.

Reflexionando sobre  o salvamento de náufragos (refuxiados):

“Un crime impensable”.

“No medio do inferno”

“Non hai amor á pobreza”

 

Eliseo

Eliseo B. Coira, 93 anos, 48 dos cales traballou no mar.

 

PREME AQUÍ PARA VERES AS PROPOSTAS

TACKK

View full version on Tackk
Create your own customized Tackk page

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s