Toca felicitarvos!

Queridos alumnos, hoxe toca felicitarvos! Os meus parabéns!

Entrastes  -entramos-  a formar parte deste gran Proxecto que é Palabras Azules e que acaba de levar o Premio Nacional na modalidade de “Proyectos de colaboración nacional en el ámbito de las TIC”. O 25 de novembro saía publicado o noso traballo sobre a descrición. E porque colaboramos con este proxecto do ensino público do que estamos orgullosos facémoslle a ola, e en especial á directora, Ana Galindo, que teño para min que non dorme, que é doutro mundo, un mundo azul, desde logo, porque a capacidade de traballo desta campioa é incríbel. Grazas de verdade a todo o equipo que sempre están aí para colaborar.

Xa case estamos rematando o primeiro trimestre deste curso e se temos que facer balance eu penso que se inclina cara ao lado positivo. Alomenos eu estou orgullosa do voso traballo. É certo que temos que superar os distintos atrancos que nos foron aparecendo: comezamos o curso cos portátiles Abalar e xa tiñamos o ritmo collido, creados os nosos blogs coas súas páxinas, un método de traballo e de repente chegaron os tan agardados Chromebook. Son todo velocidade!, pero non nos adaptamos sen o rato, temos pendente sincronizar as contas porque nos resulta complexo xestionar dúas,.. En fin! Estamos no camiño.

O diploma está a nome do centro porque penso que é todo o centro o que o merece; somos un gran centro educativo nesta pequena cidade que é Viveiro, e temos un equipo directivo  que sempre trata de facilitarnos as cousas. O profesorado, no que me inclúo, entregámonos con paixón ao que facemos, o ensino. E que dicir de vos, os alumnos, das vosas familias,…pois que sodes os mellores! De novo os meus parabéns e aquí vos deixo o Diploma. Os meus parabéns!

premio pa

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s