Manuel Álvarez Torneiro, Premio Nacional de Poesía 2013, memoria viva.

Manuel Álvarez Torneiro

Manuel Álvarez Torneiro

En 4º PDC estamos facendo lectura comprensiva coa novela de Hixinio Puentes Winnipeg, que trancorre durante os anos da Segunda República, da guerra civil, da posterior posguerra. Entrementres saía a nova do Premio Nacional de Poesía, un galardón que concede o Ministerio de Cultura de España e que arrinca do ano 1924 premiando a  Rafael Alberti, por Marinero en tierra .

E que mellor que achegármonos a este tempo, case tan  afastado e descoñecido para os nosos alumnos coma a Prehistoria, da man de Álvarez Torneiro. Buscando na BVG atopamos un poema de Epicentro, finalista do Premio Nacional de Literatura 2003 que vén a ser un compendio da poética do autor. Nunha entrevista que lle fixo Rodri García o 9 de outubro, para o xornal La Voz de Galicia onde Torneiro traballou moitos anos, ao preguntarlle de que escribe responde:

da memoria, xa non temos outra cousa. Os ángulos da brasa é un libro de memoria, que é un tema moi presente na miña poesía, xunto co amor ou a paixón. A memoria é o mellor argumento dos mellores poemas, aí está a ledicia, a tristura, o amor, a amizade… Os recordos son como as musas que veñen a botarme unha man á hora de escribir.

 Pois lendo e relendo, imos comprendendo.Falamos do pasado, lembramos ese outro poema de Luís Pimentel, “Cunetas”, e facemos un pouco nosa esa etapa da historia que non podemos esquecer.

ORA PRO NOBIS

Todos los ríos eran una sangre

Jorge Guillén

Dura memoria do camiño andado.

A palmatoria cando marchaba a luz.

Todas as nais na súplica.

Todas as nais varadas no horror.

Toda a noite cavorco,

encofrado do medo, olmo de eclipse,

seco taller de asfixia.

“Todos los ríos eran una sangre”.

Quen peta á porta, mata.

Quen fala, ceiba a onda do perdido.

Delata quen respira,

asina os papeis da esgazadura,

pon números anónimos nos mártires,

pecha os ollos que seguen a mirar.

Quen alenta na felpa fusilada

aínda escoita moi lonxe:

“Ora pro nobis, virgo clementísima.

Ora pro nobis”.

E aquí vai a lectura final de Nazaré do Horto Nunes e Lara Yáñez:

Non somos o poeta, pero facemos o noso esforzo!

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s