O PERSONAXE INNOMEÁBEL.

FRANCO

LIGAZÓN AO GLOGSTER: AQUÍ.

Hai un berro silencioso que chama a atención cando les a novela Winnipeg de Hixinio Puentes. Unha novela que reconstrúe os anos da Segunda República, do comezo da Guerra Civil española, da posguerra dos exiliados … ; unha novela inzada de nomes de personaxes históricos do mundo sindical, da política, da cultura… e a pesar diso NUNCA aparece o nome do militar, político e ditador español nado en Ferrol o 4 de decembro de 1892 e finado en Madrid o 20 de novembro de 1975. É por iso que ningún alumno elexiu dito personaxe e fun eu a encargada de facer o Glogster sobre  o ditador. Os alumnos optaron por outros personaxes que se citan na novela:  Castelao, Cabanillas, Lerroux, A Pasionaria, Largo Caballero, Neruda, Allende,…

Na novela alúdese a este personaxe con circunloquios :

O goberno decretou o estado de guerra e puxo á fronte da represión ao comandante militar das Baleares, un xeneral que viña sendo irmán do aviador de Ferrol  (l.24-27,páx.62)

ou noutra cita “O xeneral  ferrolán irmán do famoso aviador” (páx. 68).

E a que se debe isto? Eu penso que é un xeito de conxuro deliberado de Hixinio Puentes, como xogo literario e  como  simbiose do autor co mundo do mar que tan ben coñece. Hai cousas que non se deben amentar! 

Ao fío da miña reflexión traio aquí unha gravación feita a unha testemuña de excepción pola idade e pola boa memoria que conserva; Eliseo B., nado o 10 de setembro do 1923, en Espasante (Ortigueira), mariñeiro durante 43 anos:

Eliseo recorda aquilo que non se debía mentar estando no barco:,“O xa me entendes”:

Aproveitando a testemuña detéñome un intre nun personaxe secundario do libro,  ” O cabo Torres, o que fora sarxento en Xubia” (páx. 65) porque pasou a ser un personaxe popular durante moitos anos de posguerra, alomenos na bisbarra do Ortegal e Ferrol desgrazadamente como símbolo do medo e da barbarie.

Estes son os resultados dos traballos dos alumnos despois de superar atrancos diversos dos que non imos falar hoxe:
La Pasionaria

La Pasionaria

Glogster Cabanillas Cristian

Allende

Allende

Lerroux

Lerroux

Glogster Pita Romero LabaénSuárez Picallo

X.Moñla Brais              Castelao

Glogster Neruda Rossy Montero                     GlogsterLargo Caballero Rosario

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s